Detido un home de 33 anos por un presunto delito de violencia de xénero
Por Oskar Viéitez
A Policía Local de Pontevedra atendeu a unha muller, de 38 anos, que buscara refuxio nunha cafetería da cidade, onde contou que fora agredida polo seu compañeiro. Os axentes comprobaron que a muller tiña golpes e mourados por diversas partes do corpo.
Segundo a declaración da muller as lesións foran causadas pola súa parella coa que mantiveran unha forte discusión e un forcexo. O suceso tivo lugar este luns, 20 de agosto.
Segundo informaron fontes oficiais da Xefatura da Policía Local os axentes procederon á detención do home -de 33 anos de idade- por un presunto delito de violencia de xénero. Foi traslado a dependencias policiais para súa comparecencia nos xulgados de Pontevedra.
De novo a Policía Local de Pontevedra quere destacar a colaboración cidadá e o seu compromiso activo fronte á violencia de xénero. A proba é a reacción da xente que estaba na cafetería onde entrou a muller en busca de axuda, que non dubidou en darlle acubillo e chamar á Policía.