San Xinés recupera os cabezudos
Por Redacción
O Centro de Arte Municipal, recuperou 4 dos 8 cabezudos que hai máis de 25 anos que non saen á rúa durante as festas patronais.
O cartel das festas de Sanxenxo, mantén, en termos xerais, a filosofía e composición de anos anteriores, pero inclúe unha interesante novidade. Trátase da recuperación de media ducia de singulares figuras, que desfilarán polas rúas da vila durante a semana festiva.
Con estes 4 cabezudos recupérase unha tradición que se abandonou no ano 1990, e que no seu momento achegaba un toque de humor e colorido á programación. É por iso, que este ano se quixo devolver ao municipio esa tradición.
O venres 24 co chupinazo que dá inicio ás festas, desfilarán para o gran público acompañados da experiencia +Cantos, con Nelson Quinteiro. O percorrido arrincará ás 11.30 horas do Mercado de Sanxenxo, facendo varias paradas ao longo da Avenida de Madrid e terminando na Praza de Pascual Veiga. Pola tarde, desde as 19.00 horas sairán do Paseo de Silgar.