Os animalistas de Libera! rexeitan as batidas de xabarís como solución aos danos nos cultivos de Cerponzóns
Por Redacción
A Asociación Animalista Libera! e a Fundación Franz Weber emitiron un comunicado en resposta aos veciños da contorna de Cerponzóns que reclaman batidas para evitar os danos que os xabarís causan nos cultivos da parroquia. Estes colectivos defensores dos animais indican que esta medida en lugar de impedir a incursión destes animais provocará que se multiplique a poboación durante os próximos anos.
Indican que a presión por parte dos cazadores leva a estes animais para desprazarse cara a zonas máis urbanizadas, nas que non está autorizada a caza e onde lles resulta máis fácil atopar refuxio e acceso a alimento.
Estes colectivos animalistas pediron ao Concello de Pontevedra que estude outro tipo de fórmulas para conservar as zonas agrícolas e de esparexemento dos veciños ante a presenza dos xabarís empregando medidas non letais. Entre elas, propoñen o uso de cultivos de disuasión ou de disparos simulados.
Tamén apuntan métodos contraceptivos da fauna silvestre que se está desenvolvendo no Parque Natural de Collserola e que podería supoñer un modelo de xestión destes animais sen morte eficiente para controlar a súa poboación. Ademais critican a "desregulación" da caza en Galicia.
Relacionadas:
-
Piden á Xunta que contrate cazadores profesionais para facer fronte ao exceso de poboación xabaril
Por Anxo Lourido |
-
Libera denuncia a situación de catro cans "encadeados e sobre cascallos" en Barro
Por Redacción |
-
Propoñen a contracepción dos xabarís e a súa alimentación disuasoria en Pontevedra e comarca
Por Redacción |
-
Queixas en Cerponzóns polos danos que causan os xabarís nos cultivos
Por Redacción |