Xunta e Concello asinan o convenio de posta a disposición dos terreos do novo colexio de Vilalonga
Por Redacción
O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, e o alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, asinaron este mércores un convenio a través do cal o Concello pon a disposición da Consellería os terreos para a construción do novo CEIP de Vilalonga, na zona do Revel. Tras este trámite, o departamento educativo da Xunta de Galicia licitará nas vindeiras semanas o proxecto do novo colexio.
Segundo explicou o conselleiro, a previsión coa que traballa a Consellería é licitar e comezar a obra no segundo trimestre de 2019 co fin de que o centro entre en funcionamento ao longo do curso 2020/21.
A través do convenio asinado o Concello pon a disposición da Consellería dúas parcelas, que suman en total preto de 15.000 metros cadrados nos que, ademais do propio edificio do colexio –dotado de ximnasio– se ubicarán dúas pistas cubertas.
A Consellería prevé un investimento de arredor de 4,1 millóns de euros neste novo CEIP, que será de liña 2 e terá capacidade para 450 alumnos, suficientes para dar resposta ás necesidades educativas deste municipio pontevedrés.
Ademais da construción desta nova infraestrutura escolar, Román Rodríguez lembrou que este mesmo ano se levará acabo a reparación da cuberta do CEIP de Noalla-Telleiro, á que se destinan 60.500 euros, e a reforma da instalación eléctrica do CEIP A Florida, cun orzamento de preto de 43.000 euros.
Así mesmo, o conselleiro lembrou que o seu departamento leva investidos máis de un millón de euros nos últimos anos na mellora das infraestruturas educativas no Concello de Sanxenxo, entre as que destaca o ano pasado a construción da soleira para a pista polideportiva do CEIP A Florida (cun orzamento de preto de 50.000 euros) ou a reparación do pavillón do IES de Sanxenxo (con mais de 31.000 euros).
Relacionadas:
-
Sanxenxo saca a licitación a parcela de O Revel na que se construirá un novo centro educativo
Por Redacción |
-
Sanxenxo expón o proxecto do novo colexio de Vilalonga
Por Oskar Viéitez |
-
Educación licitará nas próximas semanas a construción do novo colexio de Vilalonga
Por Redacción |
-
O novo colexio de Vilalonga, proxecto estrela de Educación na provincia para os próximos dous anos
Por Redacción |
-
O pleno aproba o convenio para a construción do novo colexio de Vilalonga
Por Oskar Viéitez |
-
Educación espera comezar a obra do novo colexio de Vilalonga no segundo trimestre de 2019
Por Oskar Viéitez |
-
O goberno leva a pleno a urbanizacion do Revel cunha inversion de 1,8 millóns de euros
Por Redacción |