Meten cinco gatos recén nacidos nun saco para abandonalos ante uns colectores de lixo en Campelo
Por Redacción
Unha veciña de Campelo atopábase ás 16.00 horas deste mércores cun saco atado xunto a uns colectores. Ao notar movemento decidiu abrilo e atopouse con cinco gatos de poucos días de vida, que foran abandonados á súa sorte na zona entre Rúa Pai Avelino e Area da Porta.
A veciña decidiu chamar ao servizo de Emerxencias do 112, que avisou á Policía Local de Poio. Os axentes recolleron aos animais para trasladalos a unha clínica veterinaria na Caeira. Alí foron atendidos dos danos.
A Policía Local de Poio iniciou unha investigación para localizar ás persoas responsables deste abandono e agradece, neste sentido, a colaboración cidadá, así como a denuncia deste tipo de casos.
O abandono de animais domésticos está castigado polo Código Penal como un delito con penas que van dun a seis meses de multa, ademais da posibilidade dunha inhabilitación especial de tres meses a un ano. Se os animais sufriron danos, a pena pódese agravar por malos tratos con penas ata de tres meses e un día ata un ano de prisión. Tamén a Lei de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia recolle o abandono como unha infracción grave, con multas que van de 501 a 5.000 euros.
Relacionadas:
-
Denunciado un veciño de Poio por matar un gato cunha escopeta de aire comprimido
Por Redacción |
-
Buscan a persoa que abandonou un gato dentro dunha bolsa de plástico nun contedor
Por Redacción |
-
Rescatan tres crías de gato xunto a un colector de lixo en Poio
Por Redacción |
-
Buscan propietarios para unha camada de gatos abandonada nun contedor de lixo
Por Redacción |
-
Colectivos animalistas piden á Deputación a creación dunha Rede de Casas de Acollida para cans e gatos
Por Redacción |