O pai dun alumno converte o colexio da Reigosa nunha Comisaría
Por Redacción
Efectivos da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Ponte Caldelas participan nun curso de seguridade vial que se realiza estes días no Colexio Público da Reigosa dentro dos plans de divulgación formativa que desenvolve a Dirección Xeral de Tráfico (DXT).
Durante os tres días que dura a presenza deste curso itinerante nas instalacións do centro educativo da Reigosa, monitores da DXT e profesores do colexio interactúan cos alumnos co fin de transmitirlles unha lección sobre educación vial dun xeito activo e participativa, que recordarán durante moito tempo.
O curso combina xogos, circuítos de seguridade vial, charlas e talleres en ordenadores do centro onde a educación vial é o fío condutor dunha experiencia pedagóxica que fomenta a participación activa dos nenos á vez que aprenden consellos útiles para gañar en seguridade vial como respectar os lugares de cruzamento de rúas e estradas, como os pasos de peatones, semáforos, sinais de stop, etc.
Esta curso realízase na Reigosa a iniciativa do pai dun alumno do centro que propuxo á dirección a xestión e petición do mesmo. Durante tres días os alumnos do CEIP A Reigosa participan en diversas actividades que dirixen monitores da DXT e que combinan actividades lúdicas con talleres prácticos onde os nenos e nenas reciben e aprenden consellos sobre seguridade vial.
Entre as actividades que prefiren os escolares están o poder coñecer e manipular os distintos elementos que compoñen as unidades operativas da Garda Civil de Tráfico como os seus automóbiles e motocicletas. Durante a xornada de exhibición destes medios, as bocinas, sirenas e os sistemas de comunicación como walki-talkies ou altofalantes non deixan de soar en ningún momento.
Outro dos exercicios preferidos polos máis pequenos é completar, en patinete e vehículos autopropulsados, o circuíto de educación vial disposto na cancha de baloncesto do centro onde semáforos, con funcionamento eléctrico, sinais de stop, ceda ao paso e dirección obligatoria convértense nun entrentenido motivo de xogo e aprendizaxe para os alumnos da Reigosa.
A ameaza de choiva para o mércores motivou o adianto das quendas de goce das actividades ao aire libre, como o circuíto e a visita aos coches e motos patrulla da Garda Civil, organizándose en cinco grupos a totalidade dos alumnos participantes que, de xeito rotatoria, van pasando por todos e cada un dos departamentos deste curso.
O Concello de Ponte Caldelas participa tamén de xeito activo neste programa a través do concurso dun axente da Policía Local do municipio que colabora nas charlas e actividades que desde a DXT e o propio centro educativo planifícanse.