A do sábado é a Noite Europea dos Morcegos
Por Redacción
Este sábado é a cita, por terceiro ano consecutivo, de Ponteverán cos morcegos. O grupo que vai a participar nesta actividade pensada para toda a familia -37 persoas con idades que van dos 5 aos 48 anos- partirá ás 21.00 horas da estación de autobuses
O sábado 25 ás 21 horas, dende a estación de autobuses partirá o grupo que vai participar nesta proposta de Ponteverán "Noite Europea dos Morcegos".
A actividade esta organizada pola Concellería de Xuventude en colaboración coas asociacións Vaipolorío e Drosera, especializada no estudo destes mamíferos. Consiste nunha xornada de captura (por expertos), estudo e explicación das características dos morcegos.
A intención desta xornada europea é dar coñecer os morcegos e desmitificar falsas crenzas que lles atribúen, así como escoitar os seus sons e incluso, se é posible, gozar da sensación de telos na man e outras sorpresas.