Medio Rural financia ao Concello de Cuntis a compra dun tractor para prevención de incendios forestais
Por Redacción
A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, asinou este venres co alcalde de Cuntis, Manuel Campos ou convenio para a adquisición doun tractor para a roza, que serán utilizados na prevención de incendios forestais nestes municipios.
Trátase de facilitar os traballos de limpeza de matogueira no ámbito de competencias das entidades locais.
En virtude deste acordo, Medio Rural financiará a compra da maquinaria por un importe máximo de 85.000 euros.
A axuda destinarase á adquisición dun tractor e dous apeiros de roza (un de arrastre e outro de brazo). O IVE correspondente abonarao o concello.