O PSOE pide ao goberno local que axilice a convocatoria das subvencións deportivas de 2018
Por Redacción
O atraso nas convocatoria de axudas para o deporte pontevedrés motivaron este martes a crítica do grupo municipal socialista.
Asegura o PSOE que en pleno agosto de 2018 está a convocarse a subvención xeral correspondente ao ano 2017, co que iso supón para os clubs que dependen das subvencións do Concello para sacar adiante os seus proxectos.
"O deporte pontevedrés non consiste só en celebrar probas de alto nivel. É necesario atender aos nosos clubs e cumprir con nosas deberes como concello" indicou o portavoz municipal socialista Agustín Fernández, xa que os clubs son "a masa critica imprescindible para poder celebrar eventos de alto nivel".
Os atrasos, aseguran, poden ser comprensibles polo complicado da tramitación en moitas ocasións, "pero cando a cousa vai de mais de ano e medio de atraso, xa estamos a falar de incapacidade política", criticou Fernández.
Nun escrito remitido ao goberno local, o grupo socialista insta a que se proceda á convocatoria das subvencións correspondentes ao ano 2018, de maneira que se poidan tramitar simultaneamente coas de 2017.
Relacionadas:
-
A Xunta de Goberno aproba a resolución das subvencións deportivas da tempada 17/18
Por Diego Espiño |
-
O PSOE promove unha ordenanza que regule as axudas á participación de deportistas en competicións oficiais
Por Redacción |
-
O PP preguntará no pleno polas subvencións aos clubs deportivos
Por Redacción |