Marín apura as melloras nos colexios públicos
Por Redacción
Antes de que terminen as vacacións escolares o Concello de Marín acomete as distintas melloras solicitadas nos centros educativos públicos do municipio.
Trátase de distintos tipo de pequenas reparacións, traballos de mantemento e conservación nos diferentes colexios públicos e tamén escolas infantís.
Todas as obras están a executarse co obxectivo que estean finalizadas no arranque do curso.
- CEIP SEIXO: Pintura da fachada - 25.529,50 euros
- EEI NOSA SEÑORA DO CARME: Cambio de estores e mellora do patio – 3.000 euros
- GALIÑA AZUL SAN PEDRO: Arranxos de humidades e linóleo do chan, mosquiteras – 3.502,95 euros. Estores – 600 euros. Arranxo de xanelas - 1000 euros
- GALIÑA AZUL SEIXO: Arranxos de humidades e colocación de vinilos solares – 2.861,65 euros
- CEIP ARDÁN: Cambio de falso teito nunha aula e melloras no patio – 8.000 euros
- EEI O GRUPO: Cubrir entrada ao ximnasio – 3.388 euros
- CEIP CARBALLAL: Hormigonado dun patio e moble para comedor escolar – 20.000 euros
- CEIP A LAXE: Arranxos de humidades, melloras no pavillón polideportivo escolar e ampliación do Comedor – 15.000 euros
- CEIP SEQUELO: Hormigonado dun patio – 12.000 euros
Relacionadas:
-
Marín apela á responsabilidade cívica no depósito de residuos voluminosos cunha campaña de concienciación
Por Redacción |
-
O colexio de Seixo prepárase para ter comedor escolar
Por Redacción |
-
A Xunta destinou máis de 400.000 euros para a posta a punto dos centros educativos pontevedreses
Por Oskar Viéitez |