A fibra óptica chegará a Moraña antes de final de ano
Por Redacción
Os veciños e veciñas de Moraña poderán dispoñer da internet de alta velocidade a través de fibra óptica este mesmo ano.
Así o explicou a alcaldesa, Luisa Piñeira, tras visitar as obras de despregamento desta tecnoloxía preto do polígono de Mirallos.
A través do Plan de Banda Ancha 2010 que impulsa a Xunta de Galicia a fibra óptica, cunha velocidade de a lo menos 100 megas, chegará aseguran antes de final de ano ao centro urbano, os polígonos de Afieiras e Mirallos e ás aldeas de Paraños, Chaián, Souto, Alberguería, Corrigatos e Soar.
Paralelamente, a rexedora explicou que se vai a activar outro proxecto para favorecer a dotación de máis velocidade de acceso a internet nas zonas do municipio que, de momento, non contarán con fibra óptica.
"Vai chegar seguro a todo o concello e o que estamos a tratar e de que sexa no prazo máis curto posible", sinalou Luisa Piñeiro.