Os recordos arrecenden a fiuncho
Por Oskar Viéitez
A percepción de cheiros está íntimamente vencellada coa nosa evolución e supervivencia, pero tamén coa nosa capacidade de recordar.
O centro de día de Saraiva en Marín celebrou a festa dos maios e con tal motivo o local encheuse de música, baile, pandereiteiras, fiucho, laranxas, flores "Algunha vez sentiron que un cheiro da infancia transpórtalle inesperandamente a un recordo do pasado?, pois iso foi o que pasou", explícanos Noelia López, responsable de comunicación de Saraiva.
Os primeiros cheiros, aqueles que percibimos cando éramos cativos, ocupan un lugar privilexiado no cerebro, o que explica por que a memoria olfativa pode chegar a ser tan vívida. De modo que celebrar de novo a festa dos maios foi toda unha viaxe ao pasado.
"Non me quero lavar as mans, ulen como cando era pequena", dicía unha usuaria do centro de día, visiblemente emocionada tralo éxito da festa, "e o próximo ano, repetimos".