Oito días para presentar candidaturas á presidencia do Liceo Casino de Pontevedra

Por Redacción
O Liceo Casino de Pontevedra anunciou a apertura do prazo para presentar candidaturas á presidencia desta entidade social da cidade. A xunta directiva actual tomaba o acordo na última sesión de convocar as eleccións á presidencia e ao posto de contador.
Desta forma, poderanse presentar candidaturas desde o día 1 de setembro ata as 19.00 horas do día 8 do mesmo mes. Nestes oito días, as persoas que opten ao cargo deberán presentar un escrito dirixido á secretaría e co contido previsto no artigo 57 dos estatutos da entidade.
As candidaturas serán proclamadas os días 9 e 10, coa posibilidade de que se presenten impugnacións durante os dous días seguintes. O día 10 celebrarase tamén o sorteo para a formación de dúas mesas electorais.
A campaña establecerase entre o día 13 e o 23 de setembro. A xornada electoral chegará o venres 28 de setembro. As urnas para votar permanecerán abertas entre as 10.00 e as 20.00 horas. Esa mesma noite farase pública a candidatura gañadora.
Actualmente o Liceo Casino conta con 2.026 socios sumando aos de número e aos de honra. Desde 2010, a presidencia da entidade está ocupada por Jaime Olmedo Suárez-Vence.
Relacionadas:
-
Os socios do Liceo Casino serán convocados a unhas novas eleccións
Por Oskar Viéitez |
-
As eleccións do Casino terminan nun inesperado empate entre Olmedo e Regueiro
Por Ramiro Espiño |
-
Regueiro anima aos socios do Casino a ir votar a través dun vídeo
Por Redacción |
-
As eleccións no Casino anímanse. Olmedo pasa ao ataque: "non somos 'falabaratos'. Somos serios"
Por Ramiro Espiño |
-
Jaime Olmedo apela aos seus oito anos de xestión para a súa reelección como presidente do Liceo Casino
Por Redacción |
-
Alejandro Regueiro lidera a candidatura alternativa para presidir o Liceo Casino
Por Redacción |
-
Cincuenta anos de fidelidade ao Liceo Casino
Por Redacción & Paula Sanmartín |
-
O Baile de Gala da Peregrina ponse de longo con 19 'debutantes' e milleiros de asistentes
Por Redacción |