Máis de cen cabalos pernoctarán este venres no coso de San Roque
Por Oskar Viéitez
A praza de touros de Pontevedra converterase este venres nun improvisado curro no que pernoctarán máis dun centenar de cabalos. Monturas e xinetes iniciarán o venres 17 a I Ruta Cabalar Salnés-Terra de Montes, deseñada pola Asociación Rapa as Bestas e o Concello da Estrada, coa colaboración da Deputación e o Turismo Rías Baixas.
Será un percorrido de 86 quilómetros dividido en dúas xornadas.
Comezará en Sanxenxo e concluirá en Sabucedo, pasando por Meaño, Meis, Pontevedra, Campo Lameiro e Cerdedo. En cada un destes concellos os alcaldes irán ofrecendo aos cabaleiros algún dos produtos típicos de cada concello.
No caso de Pontevedra a chegada de tan singular comitiva está prevista sobre as 19:30 horas logo de atravesar a Xunqueira de Alba. Entrarán na cidade pola ponte do Burgo e lles recibirá o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, na praza de España facendo honor ao cantar "da de beber a quen pasa", ademais obsequiaralles cun bocadillo de Pan da Vila para repoñer forzas.