O PP visibiliza na súa "nueva etapa" o apoio ao local de Rexurdir
Por Oskar Viéitez
O presidente local do Partido Popular de Pontevedra e portavoz municipal, Rafa Domínguez, e a concelleira, María José Rodríguez, visitaron este luns o centro Rexurdir na rúa Cruceiro de Pontevedra un local que suscitara as queixas dos veciños da zona das que no seu día se fixo eco o PP durante a etapa de Jacobo Moreira.
"Hay una nueva etapa en el Partido Popular, yo no voy a cuestionar lo que se hizo antes", resolveu Rafa Domínguez, "pero queríamos que una de nuestras primeras visitas fuera esta", ha añadido.
O novo portavoz popular mantivo unha reunión coa súa presidenta, Ángeles Guisán, para coñecer persoalmente o funcionamento desta asociación. "La política no deja de ser una cuestión de gestos y desde el Partido Popular de Pontevedra queremos mostrar nuestro apoyo a esta asociación, a su labor encomiable en favor de las personas en exclusión social", sinalou o edil popular.
"Dejamos claro que nosotros, el Partido Popular de Pontevedra está al lado de los servicios sociales, máxime cuando nos encontramos en un Concello que ya recibió el Premio Corazón de Piedra por su baja implicación social", destacou. "Pontevedra es una de las capitales de provincia con menor gasto social por habitante de España y lamentablemente, lejos de incrementarse, disminuye año tras año", engadiu.
O portavoz popular ha destacado que o Concello de Pontevedra é "pobre en servicios sociales" cun investimento moi por baixo da media española e case un 70% inferior á recomendada.
Para Rafa Domínguez estes datos son "una prueba más de que estamos ante un Gobierno cansado, que no hace nada por cambiar estas cifras".
Relacionadas:
-
A Xunta destaca a calidade asistencial do centro de Rexurdir en Pontevedra
Por Redacción |
-
Regresan as queixas contra o local de Rexurdir, os veciños denuncian falta de seguridade e sucidade
Por Manu Otero |
-
O Concello asina novos convenios con Rexurdir, Amencer-Aspace, Amizade e Alba
Por Redacción |
-
O PP alerta do problema que supón para o comercio local a falta de aparcamento e de transporte público
Por Redacción |
-
Presentan por rexistro algo máis de mil sinaturas contra o novo centro social de Rexurdir
Por Redacción |