Lérez terá tres novos pasos de peóns con semáforos na N-550
Por Alejandro Espiño
Un acordo entre o Ministerio de Fomento e o Concello de Pontevedra permitirá mellorar a mobilidade peonil na N-550, ao seu paso por Lérez. O goberno municipal instalará tres pasos de peóns con semáforos para reducir o perigo da vía.
O Concello quería instalar lombos nos tres novos pasos de peóns pero Fomento, titular da vía, non autorizou esa intervención. Con todo, o Goberno central si acepta que sexa a administración local quen instale estes semáforos, que estarán situados en tres cruzamentos.
Todos eles colocaranse pasada a rotonda da avenida de Compostela con Médico Ballina. Un estará no cruzamento de Ramallás coa Ferreira, outro na intersección de Casaldourado coa Cendona e o terceiro á altura da marquesiña do transporte público.
Segundo explicou a tenente de alcalde, Carme da Silva, trátase dunha actuación solicitada polos veciños da zona.
O Concello investirá 208.000 euros neste proxecto que, unha vez sexa adxudicado, terá un prazo de execución de catro meses.
Relacionadas:
-
Inician a instalación de semáforos na N-550 en Lérez
Por Redacción |
-
Malestar no PP ante a instalación de lombos no acceso ao Hospital Montecelo
Por Redacción |
-
Os socialistas denuncian que Lérez "languidece" pola falta de mantemento
Por Redacción |
-
Piden unha mellora da seguridade viaria no acceso a Monte Porreiro
Por Redacción |
-
Reclaman a reforma de Médico Ballina ante o mal estado das beirarrúas
Por Redacción |