Un dron para loitar contra a avespa velutina en Marín
Por Redacción
No que vai de 2018 o grupo de voluntarios da Asociación Depogal recibiu 267 avisos relacionados coa avespa velutina en Marín.
No inverno tomáronse medidas preventivas como a campaña de trampeo e as charlas de concienciación, e na primavera empezáronse a recibir os avisos dos niños primarios, máis próximos ás vivendas e zonas habitadas, e algúns, os máis perigosos, baixo terra.
Agora aparecen niños secundarios desta especie invasora, algúns de medidas alarmantes. De feito durante o mes de xullo recibíronse 68 avisos e en agosto esa cifra ascendeu a 105, mentres que nuns días de setembro foron xa 16 as alarmas en só uns días.
De todas os avisos, os voluntarios puideron retirar ata 200 niños de avespa utilizando diversos métodos como sprays ou larvicidas.
Agora, o Concello de Marín achega unha nova ferramenta que se suma aos traxes de protección e instrumentos especializados, un dron que se converterá unha ferramenta indispensable para a localización dos niños, especialmente os situados en lugares elevados como as copas das árbores.