Oposición unánime na Lama á tala de árbores centenarios iniciada pola Xunta
Por Oskar Viéitez
O alcalde da Lama, Jorge Canda, trasladou á Consellería de Medio Ambiente o rotundo rexeitamento dos habitantes do municipio a tala dos árbores plataneiros centenarios que discorren pola estrada C-531 ao seu paso polas aldeas de Gaxate e Verducido.
A Xunta pretende a poxa e tala destas árbores que os veciños consideran como un ben da parroquia "ademais de ser un importante valor natural da nosa contorna, forma parte integral da identidade cultural da aldea, pois está relacionado coa chegada de emigrantes que plantaron aquelas árbores". Para Gaxate son un símbolo da aldea.
Desde o grupo municipal socialista presentaron unha moción para canalizar esta protesta unánime aínda que o alcalde xa se puxo en contacto coa Consellería co propósito de parar os traballos da tala.
O portavoz do PSOE, Enrique Vaqueiro, asegura que consciente das xestións realizadas polo alcalde "consideramos que o pleno da corporación ten unha oportunidade de manifestar o rotundo rexeito a tala dos 44 árbores centenarios marcados en Gaxate e os 28 marcados en Verducido e que se estude a posibilidade de declarar a zona como formación senlleira de Galicia".