A xustiza avala o rexeitamento do Concello aos plans urbanísticos de Elnosa
Por Redacción
O xulgado do contencioso administrativo número 3 de Pontevedra rexeitou o recurso presentado por Elnosa contra a decisión do Concello de non tramitar o Plan Especial de Reforma Interior (PERI), que impulsaba a empresa para renovar a súa fábrica de Lourizán.
A sentenza conclúe que o goberno municipal actuou de acordo á lei á hora de non tramitar o proxecto urbanístico da compañía electroquímica.
Este era un paso previo para obter os permisos necesarios para poder producir cloro mediante unha tecnoloxía libre de mercurio e adaptarse á normativa ambiental europea.
O Concello rexeitara admitir a trámite este PERI, alegando que a documentación estaba incompleta e que a empresa non emendou as deficiencias detectadas polos técnicos municipais, a pesar dos requirimentos realizados.
Ademais, a negativa sustentábase en que a petición realizada pola fábrica non cumpría unha serie de requisitos urbanísticos.
A titular do xulgado pontevedrés asegura que "non se evidenciou a inutilidade ou arbitrariedade" do requirimento practicado polo Concello a Elnosa, "sendo evidente" que a compañía non cumpriu a petición documental realizada pola administración municipal, o que motivou o arquivo do expediente.
Esta situación "faría correcta" a resolución impugnada, conclúe a maxistrada.
Relacionadas:
-
O BNG pregunta á Xunta que fai para manter os postos de traballo e a actividade industrial de Elnosa
Por Redacción |
-
O delegado do Goberno critica a "lucha partidaria" por Elnosa e reitera o compromiso de peche
Por Redacción |
-
O Concello quere saber en base a que resolución o Goberno permite o "disparate" de Elnosa
Por Alejandro Espiño |
-
A saída de Elnosa da ría, en suspenso ata que se resolva a caducidade da súa concesión
Por Alejandro Espiño |