Ence e AJE Pontevedra buscan 7 proxectos para a súa aceleradora de empresas
Por Redacción
Ence e AJE Pontevedra poñen en marcha a segunda edición da súa aceleradora de empresas que pretende traballar na creación de empresas e tamén situalas no panorama internacional dotándoas de capacidades competitivas para dar ese salto de maneira rendible e eficiente.
Segundo explicaron en rolda de prensa o director de Ence-Pontevedra, Antonio Casal e o presidente da Asociación de Jóvenes Empresarios, Pablo Fernández, a iniciativa márcase como obxectivo detectar sete novas ideas empresariais e liñas de negocio ligadas aos ámbitos de medioambiente, sustentabilidade e a conservación e o uso respectuoso dos recursos naturais.
A aceleradora estará aberta, ata o 23 de setembro, a aquelas iniciativas emprendedoras localizadas nos municipios de Pontevedra, Marín e Poio que se atopen en fase de lanzamento ou expansión do seu negocio.
Ao longo de tres meses a metodoloxía de traballo da aceleradora virará alredor de cinco eixos: tutorización, innovación, internacionalización, emprendemento e o desenvolvemento de plans de Responsabilidade Social Empresarial.