O arrecendo dos saborosos callos inunda A Seca
Por Redacción & Diego Torrado
Centos de persoas desafiaron á calor e, a pesar de que pola época na que estamos podería apetecer máis tipo de pratos, volveron a converter a Festa do Callos de Poio en todo un éxito de público.
Baixo unha gran carpa instalada na chaira da Seca, os asistentes deron boa conta do dous mil racións de callos que se prepararon para a ocasión.
Ademais, tamén se serviron polbo, empanada e sobremesas variadas.
A festa, organizada pola asociación veciñal Boureante, contou ademais coa animación de varios grupos de música tradicional.