Marín solicita ao comercio da vila a súa adhesión á recollida de cartón
Por Redacción
O Concello de Marín está a implantar a recollida de cartón ao pé da porta nos establecementos comerciais do municipio, polo que se solicita a súa adhesión a dita campaña.
Os propietarios dos establecementos comerciais que se adhiran deberán colocar os cartóns encartados ou atados se fixese falta, mesmo metidos dentro dunha caixa facendo un único paquete o máis compacto posible.
Os cartóns deberán estar limpos, para facilitar a súa manipulación e posterior reciclaxe, e serán colocados na beirarrúa, a carón da fachada do establecemento, que fará a súa recollida entre as 16:30 e as 17 horas, dos luns, mércores e venres.
Dende o goberno local sinalan que o Concello estará "vixiante" para que a empresa "cumpra coa dilixencia suficiente para evitar o amoreamento de cartóns por un tempo excesivo" e facilitará a cada establecemento unha identificación conforme está adherido e está a colaborar nesta campaña e tamén un folleto informativo.
Relacionadas:
-
O Goberno local de Marín valora positivamente o primeiro ano de Recolte como adxudicataria do servizo do lixo
Por Oskar Viéitez |
-
Os socialistas denuncian a "pésima" recollida do lixo na zona de Juan Bautista Andrade
Por Oskar Viéitez |
-
Cerdedo-Cotobade estuda abrir un expediente sancionador á empresa de recollida de cartón
Por Redacción |
-
O cartón pasa o verán "acampado" en Quireza
Por Redacción |