A Festa do Albariño de Cambados, recoñecida como de Interese Turístico Internacional
Por Redacción
O Goberno central comunicou este martes ao Concello de Cambados a súa decisión de recoñecer a Festa do Albariño de Cambados como de Interese Turístico Internacional.
A consecución desta distinción, a máis alta para un evento destas características, permitirá ao Concello conseguir máis axudas económicas das administracións e supoñerá unha maior promoción do evento.
O Concello de Cambados leva traballando para conseguir este recoñecemento en 2010, aínda que con anterioridade xa o tentara.
Na provincia outros eventos aspiran a obter este recoñecemento, como a Festa do Marisco do Grove.