As piscinas de Campolongo pecharán o "menor tempo posible" para a súa reforma
Por Alejandro Espiño
O goberno municipal asinará "de inmediato" con Serviocio o novo contrato de xestión do complexo deportivo de Campolongo, despois de que unha das empresas que participaran no concurso retirase o recurso presentado contra a adxudicación.
O acordo, que se rubricará esta mesma semana, permitirá "acabar coa interinidade" que, segundo Raimundo González, existía nestas instalacións deportivas.
A remodelación "íntegra" do complexo de Campolongo obrigará a pechar as piscinas durante un período indeterminado. A intención do Concello é que esta situación se prolongue o "menor tempo posible", para minimizar as molestias aos usuarios.
"Non se poden facer as obras se hai actividade nas piscinas", explicou González, ante o risco de que algún usuario do complexo poida sufrir un accidente.
A empresa, lembrou o portavoz municipal, terá un prazo de corenta días para presentar o proxecto de obra, período que comezará a contar cando se asine o novo contrato. A partir de aí, ambas as partes determinarán cal é o mellor momento para comezar unha remodelación na que se investirá 4,6 millóns de euros.
O que si entrará en vigor de maneira automática co novo contrato é a redución das tarifas, fixadas nun 2,5% e que serán gratuítas para os usuarios dos servizos sociais municipais, así como o novo horario das instalacións.
CONTRATO DA AUGA
Raimundo González avanzou que esta semana se asinará tamén o novo contrato do servizo de abastecemento de auga potable e saneamento, que seguirá en mans da compañía Viaqua, actual adxudicataria.
Relacionadas:
-
Ultiman o plan de obras para a reforma das piscinas de Campolongo
Por Redacción |
-
Así será o futuro complexo deportivo de Campolongo
Por Alejandro Espiño |
-
O novo contrato das piscinas de Campolongo, sen trabas administrativas
Por Alejandro Espiño |
-
Os procesos administrativos provocarán que a reforma das piscinas de Campolongo agarde a 2019
Por Anxo Lourido |
-
Recorren as adxudicacións do servizo da auga e das piscinas de Campolongo
Por Oskar Viéitez |
-
Serviocio seguirá á fronte das piscinas de Campolongo os próximos vinte anos
Por Alejandro Espiño |