Pontevedra abre ao público as 350 novas prazas de aparcadoiro nos antigos terreos de Tafisa
Por Redacción
Este mércores 19 de setembro Pontevedra estreará oficialmente o novo aparcadoiro de borde en superficie e de balde situado na parcela pensada para o futuro Edificio das Artes (antigos terreos de Tafisa) e no viario de acceso ao mesmo.
Este aparcadoiro estivo operativo de xeito provisional durante as festas da Peregrina, pero non se puido usar xa de forma definitiva porque carecía de solo estabilizado. Agora que xa asentou a última capa de rodadura, está listo para o seu uso.
A nova área de estacionamento supón engadir 350 prazas novas á oferta municipal de aparcadoiros de balde, pois na zona propia dos antigos terreos de Tafisa hai capacidade para 150 e no viario de acceso poderá haber en batería outras 200.
A entrada ao novo aparcadoiro é pola rúa José Malvar, o mesmo acceso que para o aparcadoiro de autocaravanas. Para poder abrilo ao público, fíxose unha actuación branda de xabre, unha solución que non é definitiva porque en realidade esa parcela vaise destinar no futuro ao Edificio das Artes e só se usará como aparcadoiro de xeito provisional.
Con estas novas prazas que abrirán este mércores, o Concello de Pontevedra saca peito de que dispón de máis de 2.000 prazas de estacionamento en superficie gratuítas en dez zonas da cidade, pois ás 350 de nova creación súmanse 65 na cabeceira da ponte dos Tirantes, 100 ao carón do estadio de Pasarón, 100 na Parda, 700 na explanada do recinto feiral e Rafael Areses, 300 en Xoán Manuel Pintos fronte ao Pavillón Municipal, 155 na rúa Alexandre Bóveda, 150 na contorna do IES Torrente Ballester, 160 na zona das Corbaceiras e 185 en Mollavao.
Relacionadas:
-
Marín prepárase para recibir autocaravanas
Por Redacción |
-
A construción do novo acceso a Monte Porreiro por Os Campos durará nove meses
Por Alejandro Espiño |
-
Só unha trintena de autocaravanas foron multadas por exceder os tres días de permanencia
Por Alejandro Espiño |
-
As promocións inmobiliarias de Tafisa, en marcha coa primeira licenza
Por Redacción |
-
O goberno local non ve "oportuna" a parcela de 12 de Novembro para crear un aparcadoiro disuasorio
Por Anxo Lourido |
-
Os aparcadoiros disuasorios gratuítos da cidade suman unhas 1.750 prazas
Por Oskar Viéitez |
-
Ábrese un novo aparcadoiro disuasorio, de maneira provisional, nos terreos de Tafisa
Por Redacción |
-
Inician os traballos para habilitar unha nova zona de aparcadoiro nos terreos de Tafisa
Por Redacción |
-
Novo aparcadoiro disuasorio para 150 coches en Tafisa
Por Oskar Viéitez |