Na segunda edición de Podcans, o educador canino Diego Álvarez fala de dominancia e a teoría da dominancia que realizou David L. Mech.
Trátase dun dos chamados 'métodos clásicos' na educación de cans segundo o cal "xerarquicamente debemos estar por encima do can en todo momento, recorrendo se é necesario ao castigo físico". Para Álvarez "é unha teoría obsoleta, sen base científica e coa única finalidade de xustificar o castigo como método educativo".
Ademais de abordar quincenalmente un tema concreto, no programa tamén se inclúen recomendacións de vídeos na internet ou de lecturas. De igual forma, a imaxe que aparece na información de PontevedraViva como en PontevedraViva Radio corresponde a un can susceptible de ser adoptado.
Neste caso trátase de Tyson, un macho Pitbull, de tres anos, castrado, con boa ocialización con persoas e cans, de nivel de enerxía media-alta. Atópase na protectora 'Tu eres nuestra ayuda' de Vigo. A persoa de contacto é Ana e o número de teléfono 633 842 656.