Entra en vigor a nova taxa do guindastre: 115 euros por enganche
Por Oskar Viéitez
Este venres 17 de maio entra en vigor a nova taxa do guindastre que supón unha suba do 32% con respecto á anterior que deixa en 115 euros o enganche.
O incremento foi pactado hai agora dez meses entre o Concello e a empresa concesionaria, Setex Aparki.
A nova tarifa inclúe novidades como a posibilidade de pagar con tarxeta e un novo baremo de prezos polo depósito, a razón dun euro por cada hora durante as dez primeiras. A partir de aí, cobrarase a taxa por día, que é de 15 euros.
Malia esta actualización dos prezos, o concelleiro de Facenda, Raimundo González, sinala que o servizo seguirá sendo deficitario para o Concello.