Satisfacción en Sanxenxo polo balance "positivo" da feira multisectorial
Por Redacción
Tras tres meses de actividade, a Feira Multisectorial de Portonovo pechou as súas portas. As oitenta casetas que, ata esta semana, ocuparon parte do paseo de Baltar xa foron desmontadas.
O Concello de Sanxenxo, á hora de facer balance, mostrou a súa satisfacción polo "positivo" resultado que tivo a feira co seu novo formato.
Esta feira foi un punto de encontro entre artesáns, mozos creadores e comercios. O obxectivo, que se cumpriu con fartura segundo o goberno municipal, era crear un atractivo turístico e unha alternativa lúdica e de entretemento para veciños e visitantes que dinamizase a actividade económica de Portonovo.
O "salto de calidade" que tivo a feira este ano, engade o Concello, foi "importante". Isto achácano a un prego "máis esixente" á hora de conceder os postos, ao valorar "especialmente" as características das casetas e a imaxe conxunta da feira.
O goberno municipal traballa xa na feira do próximo ano, na que se mellorarán certos aspectos para facela aínda máis atractiva.
Relacionadas:
-
Conta atrás para a Multisectorial: 900 metros cadrados de artesanía ata o 15 de setembro en Portonovo
Por Redacción |
-
Sanxenxo agarda dar un "salto de calidade importante" coa feira multisectorial de Portonovo
Por Redacción |
-
Cita coa mellor artesanía na Feira Multisectorial de Portonovo
Por Noticia patrocinada |
-
Portonovo reinventa a súa feira multisectorial
Por Redacción |