Profesionalmente acumula unha traxectoria de matrícula de honra como as notas que ía sacando e que a súa nai nunca soubo. Porque para Jorge ese listón era unha responsabilidade. Unha responsabilidade marcada pola perda. Como todas as perdas, dolorosas; pero se ademais é un pai e prodúcese cando tes doce anos, irremediablemente o compás vital cámbiache as coordenadas.
Persoal e humanamente, Jorge Soto está en parámetros similares; 'cum laude' se seguimos en termos académicos. E unindo unha e outra parte, sae como resultado unha das súas consecucións - aínda que sempre se quite méritos - que en Pontevedra estea a primeira universidade, concretamente a Facultade de Ciencias da Actividade Física e do Deporte, incluída na Rede de Escolas da Unesco.
E que deporte practica un profesor da Facultade de Ciencias da Actividade Física e do Deporte?, correr. E de novo, volve sorprender: fíxose xa dez maratóns. O undécimo pode ser para 2019; pero ata aí podo ler. Conoció a Mili hace 29 años y ambos conocieron a Pablo hace 14 y a Alba hace 9.
Ah! tamén escribe, aínda que esa lectura resérvea só para si mesmo. Quen sabe se no epílogo dalgunha das súas escrituras pon: "A vida constrúese a partir de catro cosas básicas", Jorge Soto Carballo dixit.