Augas de Galicia promete consensuar cos veciños a ampliación da EDAR de Praceres
Por Redacción
O director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez, comprometeuse a que a decisión definitiva sobre a ampliación da EDAR de Praceres, que incluirá a construción dunha nova depuradora, será "o máis consensuada posible".
Así o asegurou durante a xuntanza que mantivo con representantes da plataforma veciñal Non á ampliación da depuradora de Praceres, co fin de trasladarlles os últimos avances e toda a información actualizada sobre as alternativas que baralla a Xunta.
Rodríguez destacou que as estacións depuradoras de augas residuais son instalacións "imprescindibles" para o mantemento dunha ría "sa e produtiva", aínda que poida supoñer "certas incomodidades" para os veciños asentados na contorna.
Neste sentido, o director de Augas de Galicia aproveitou a xuntanza para subliñar que a participación da cidadanía na formulación deste tipo de proxectos é "imprescindible" para mitigar ao máximo a posible afección que poida causar na zona.
Roberto Rodríguez transmitiulles aos representantes do colectivo que o goberno galego será "o máis transparente e aberto posible" coa veciñanza de Pontevedra, para o que se mostrou disposto a escoitar as súas reivindicacións e animounos a participar activamente durante todo o proceso de tramitación.
Relacionadas:
-
O Concello, sobre a ampliación da depuradora: "Os veciños dos Praceres teñen a razón"
Por Alejandro Espiño |
-
Os veciños de Praceres comezan as mobilizacións contra a ampliación da EDAR
Por Redacción |
-
"Praceres non quere ser unha ONG de recollida de cacas"
Por Oskar Viéitez |
-
A Xunta propón ampliar a depuradora dos Praceres "no actual emprazamento"
Por Oskar Viéitez |
-
As entidades de Lourizán piden información oficial sobre a ampliación da depuradora dos Praceres
Por Redacción |