A festa da empanada de Portonovo vólvese mariñeira
Por Redacción
Despois de tres anos tentando consolidar a celebración, a Festa da Empanada de Portonovo reformúlase para gañar singularidade desde as raíces do municipio converténdose na Festa da Empanada Mariñeira.
A Confraría de Pescadores de Portonovo e o Club Piragüismo Portonovo impulsan esta celebración gastronómica, que se celebrará na zona da lonxa os días 6 e 7 de outubro.
Cun aire similar ao da Festa da Raia, a Festa da Empanada Mariñeira pretende resaltar o produto do mar como o polbo, mexillón ou berberecho, entre outros.
Un showcooking, un concurso de empanadas, unha reunión de canción mariñeira e ata unha competición de piragüismo para as categorías benxamín, alevín e infantil completan un programa que levantará o pano ás 13:00 horas do sábado.
Durante a primeira xornada a carpa gastronómica permanecerá aberta ata as 23:30 horas, mentres que o domingo 7 de outubro o horario será de 12:00 a 22:30 horas.