A Garda Civil 'pon ao día' aos empresarios do sector dos explosivos
Por Redacción
Evitar que se produzan desvíos de produtos explosivos que poidan chegar ás mans de delincuentes ou terroristas. Era un dos obxectivos do encontro que responsables de distintas unidades da Garda Civil mantiveron con empresas do sector que operan na provincia de Pontevedra.
Segundo informou o instituto armado, trátase da primeira reunión destas características que se realiza en Pontevedra para previr e impedir irregularidades penais ou administrativas.
A este encontro, de carácter preventivo, acudiron representantes e facultativos das explotacións e empresas consumidoras de explosivos, unha representación do depósito de explosivos que existe na provincia e persoal das distintas empresas de seguridade privada.
Os relatorios correron a cargo dos responsables das unidades de Intervención de Armas e Explosivos, Información e do Subsector de Tráfico, así como membros do Equipo de Especialistas en Desactivación de Explosivos da comandancia de Pontevedra.