O Gafos líbrase de 110 quilos de lixo nun proxecto de limpeza simultánea de ríos
Por Redacción
Un total de 19 voluntarios da Fundación Juan XXIII e do colectivo ecoloxista Vaipolorío sumáronse este domingo a unha nova edición do proxecto de limpeza simultánea de ríos do programa Proxecto Ríos.
Co seu traballo voluntario e desinteresado, lograron retirar 110 kilos de lixo do río Gafos, dos que 15 foron de vidro, segundo os datos facilitados polos participantes.
Nas comarcas máis próximas a Pontevedra tamén se sumaron a este proxecto a asociación A Barosa en Barro, o partido Independentes de Caldas de Reis nesta vila do Umia e o grupo cultural Ronsel en Marín.
Esta XI Limpeza simultánea de Ríos logrou en toda Galicia a participación de 548 persoas que retiraron máis de oito toneladas de residuos de ríos de distintos tamaños de toda a comunidade.
Segundo informou a organización, recolléronse refugallos de todo tipo. Abundaron os plásticos (botellas, garrafas, bolsas, sacos...) e apareceron tamén rodas de automóbiles, cristais, unha cadeira de escritorio, unha colchoneta de praia, plásticos de silo, cascallos, ferralla, pilas, electrodomésticos, un sofá ou uralitas. As toallas húmidas volveron ser do lixo máis abundante e apareceu tamén roupa e calzado.
'Móllate polos ríos' celebrouse este ano en 53 concellos de toda Galicia, e participarán un total de 70 entidades (asociacións, colectivos ecoloxistas, delegacións de ADEGA, centros de ensino…) e sete concellos que organizaron directamente esta actividade. Actuouse nun total de 34 treitos de río.