Por que estudar un MBA marca a diferenza no mercado laboral
Agora que está a piques de iniciarse un novo ano académico son moitos os mozos que, tras finalizar os seus estudos universitarios ou as súas primeiras prácticas en empresas, están a exporse que facer no seu futuro. Unha das opcións máis valoradas adoita ser a realización dun máster. Os MBA, siglas en inglés de Master in Business Administration, ou Máster en Dirección e Administración de Empresas, son as principais alternativas, pero que é un MBA? que se estuda realmente?
Un MBA é un programa de posgrao dirixido a aquelas persoas que queiran desenvolverse no ámbito da xestión empresarial. Unha vantaxe dos programas MBA é que se pode acceder desde calquera rama académica e, aínda que os estudantes de ADE, económicas e empresariais son habituais nas aulas, tamén o son estudantes provenientes de enxeñerías, dereito, márketing e publicidade, tradución, arquitectura, etc. A día de hoxe, os MBA son, sen dúbida, un dos másteres con máis saídas profesionais e mellor valorados polas empresas.
Os estudantes que realizan un máster destas características reciben unha formación xeneralista coa que poden integrarse nas diferentes áreas da empresas: márketing e comercial, administración e finanzas, consultoría ou mesmo o apoio á dirección xeral, adquiren unhas competencia e habilidades que os diferencian do resto e posiciónanos para ocupar postos de dirección e xestión, asesoramento e consultoría, investigacións de mercado, planificación e control, xestión de proxectos, calidade e mellora continua e, por suposto, o emprendemento.
En Galicia, IESIDE (a antiga Escola de Negocios Afundación) imparte un dos MBA de maior prestixio do noroeste peninsular. Un gran número de profesionais de elite do noso país pasaron polas súas aulas. Nos seus máis de 30 anos de traxectoria, IESIDE impartiu 53 edicións da súa MBA nas que se formaron máis de 1.000 mozos, cifras que avalan non só o seu éxito, senón a solidez do seu programa, sendo o único MBA oficial en Galicia impartido por unha institución universitaria privada, froito da adscrición de IESIDE á Universidade de Vigo.
Segundo os resultados das enquisas de satisfacción desta universidade a partir da consulta aos estudantes, o MBA de IESIDE é a titulación de posgrao mellor valorada, cunha puntuación de 4,59 sobre un máximo de 5 puntos.
O porqué desta sobresaliente puntuación baséase en:
Un programa con dúas modalidades
Un programa con dúas modalidades
Non é o mesmo incorporarse ao mercado laboral que avanzar na carreira profesional. Por iso, IESIDE creou dúas modalidades:
O MBA full time, orientado a recentemente titulados de calquera rama académica. Require dedicación exclusiva e inclúe prácticas remuneradas.
O MBA part time: permite combinar a actividade profesional coa lectiva, ao impartirse os venres pola tarde e os sábados pola mañá. É a mellor opción para os mozos profesionais que queiran dar un impulso á súa carreira.
O estudante vive a realidade empresarial na aula
Un dos grandes diferenciais do MBA de IESIDE é o seu enfoque práctico, baseado na experiencia docente e profesional do seu claustro, formado por destacados profesionais en activo que viven no seu día a día os conceptos que trasladan á aula. Os estudantes desenvolven unha visión global da xestión das compañías, traballando sobre as diferentes áreas funcionais (estratexia, finanzas, márketing, organización, recursos humanos, etc.), e fano a través da discusión de situacións reais de negocio, a realización e defensa de proxectos sobre empresas ante un tribunal, etc.
É precisamente este enfoque learning by doing (aprender facendo) un dos aspectos máis valorados polos estudantes do MBA, quen destaca dúas accións formativas concretas:
• O outdoor training, onde se propón aos estudantes a realización de diversos retos e actividades fora da aula. O obxectivo último é desenvolver e poñer en práctica habilidades que se trasladan á vida laboral, tal como cóntannos neste vídeo.
• O business game é unha simulación empresarial na que os estudantes dirixen a súa propia empresa e toman as decisións que van rexer o seu negocio, integrando os coñecementos e destrezas que adquiriron.
A formación complétase con xornadas de traballo con empleadores, encontros con directivos, visitas a empresas e institucións, seminarios e conferencias.
Máis aló da xestión: o desenvolvemento de habilidades e competencias
Ademais de proporcionar coñecementos sobre a xestión empresarial, outro dos alicerces deste MBA é a práctica e o adestramento de destrezas persoais, con sesións específicas dedicadas a desenvolver técnicas de comunicación (falar en público, presentacións eficaces,…), de toma de decisións ou xestión do tempo. Cada estudante do MBA de IESIDE vive un proceso de coaching individual, co apoio de expertos cos que trazar o seu propio plan de actuación para potenciar as súas fortalezas.
As novas tecnoloxías e o enfoque internacional: indispensables para o xestor do século XXI
IESIDE, ao longo dos seus máis de trinta anos de experiencia docente, caracterízase polo seu compromiso co ensino das TIC. Ao comezo do programa do MBA, cada estudante recibe un iPad para facilitar a elaboración dos casos e traballos esixidos durante o máster, a comunicación a través de sistemas de vídeo conferencias e o acceso ao campus virtual, onde se aloxa o material educativo, notas técnicas, etc.
No ADN desta institución está o seu carácter internacional, que se traslada ás aulas, tanto desde a docencia en inglés de determinados módulos do máster, ata a impartición de materias relacionadas coa internacionalización das empresas. Os estudantes teñen a oportunidade de achegar un “plus” á súa formación, ampliando os seus coñecementos nas universidades ou escolas de negocios europeas e/ou americanas coas que IESIDE mantén acordos.
Empleabilidad: o compromiso de IESIDE
O Servizo de Orientación Profesional (SOP) de IESIDE xoga un papel fundamental para que cada estudante deseñe a súa propia carreira profesional.
A incorporación ao mercado laboral dos estudantes do MBA full-time é unha prioridade para IESIDE. Para iso, desde a área de orientación trabállase con cada un deles no deseño dos seus currículos, en simulacións de entrevistas de traballo e dinámicas de grupo, e organízanse varios encontros con empresas empleadoras: unha oportunidade única para presentarse aos directores de recursos humanos.
Un dato que chama a atención é o feito de que o 97 % dos estudantes do MBA full-time atopa traballo en menos dun ano e o 84,5% faio en menos dun mes, cifras que distan das estatísticas de emprego da xente nova.
Na modalidade part-time, o servizo de orientación céntrase no redeseño das súas carreiras profesionais: asesoramento curricular, análise de competencias e orientación nos procesos de procura de emprego, etc.
Capacidade de comunicación, de adaptación, visión estratéxica, habilidade de toma de decisións e sólidos coñecementos técnicos para a xestión, son claves para o desenvolvemento dunha carreira na dirección de empresas e, desde logo, un MBA a mellor forma de sumar todos estes elementos a un curriculum.
Son moitas as alternativas no mercado para estudar un MBA. Pero, se falamos de prestixio, saber facer e experiencia, IESIDE cos seus máis de 30 anos e 60.000 estudantes formados é, sen dúbida, a mellor opción do noroeste peninsular.