Operativo especial de tráfico en Poio con motivo da Festa da Navalla
Por Redacción
O Concello e a Policía Local de Poio prepararon un operativo de tráfico para garantir que a programación festiva da fin de semana se poida celebrar sin incidencias reseñables de circulación, en especial pensando na celebración da Festa de Exaltación da Navalla.
A avenida da Praia permanecerá pechada a partir das 13.00 horas deste venres 5 de outubro e ata o mediodía deste luns día 8. O tráfico será desviado pola Rúa Espiñeiros durante estes días, converténdose nun víal de dobre sentido.
Durante a fin de semana o municipio estará cheo de actividades festivas, culturais e gastronómicas. Lourido acollerá, dende a mañá do sábado e ata o domingo, a VI Festa de Exaltación da Navalla, onde se poderán desgustar as diferentes propostas e elaboracións deste produto das nosas Rías.
A carpa abrirá as súas portas a partir das 12.30 horas e permanecerá aberta durante toda a xornada do sábado, que culminará coa actuación musical do Trío Azabache. A música tradicional tamén estará presente da man da Agrupación Vides Novas.
A Escola de Acordeóns de Campelo ofrecerá un concerto aos asistentes a partir das 12.00 horas e a xornada do domingo pechará coa actuación musical da solista Marieta (14.30 horas).
Unha gran verbena, alboradas, oficios relixiosos e Festa Xove compoñen o cartel das Festas que se organizan no lugar de Vilariño en honra a Virxe do Rosario entre o venres 5 e o domingo 7 de outubro. O venres será o turno da Festa Xove a partir das 22:00 horas con DUE Discoteca Móbil.
O sábado haberá ruadas e alboradas de mañá e ás 22.00 horas Gran Verbena coas orquestras La Oca Band e La Ola Adn. O domingo ás 18.00 horas haberá misa na honra da Virxe do Rosario na Capela de Vilariño.