Detectan en Pontevedra o calote da Western Union
Por Oskar Viéitez
Numerosos pontevedreses alertaron da presenza nas redes da estafa ou calote da Western Union. Trátase do timo de sempre, pero aplicando as novas tecnoloxías. Venden cámaras, teléfonos e ata coches, como sucedeu nesta ocasión, co reclamo do prezo baixo do artigo. Esta vez os estafadores colgaron o anuncio de segundamano.es coa venda dun coche en Pontevedra.
Tratábase dun todoterreno Toyota RAV 4 2.0 D4-D Sol, matriculado no ano 2002 e con 110.000 Km, Diesel. "Muchos extras, cristales tintados, bola de remolque, defensa delantera, techo solar, revisiones y mantenimiento al día, no fumador, no campo. Interior impecable". O prezo 1.700 euros
Ás poucas horas de ser publicado o anuncio xa acumulaba máis de 1.600 visitas.
Un destes interesados, púxose en contacto co vendedor a través da propia web, na mensaxe que recibiu a posible vítima, o vendedor identifícase cun nome e unha DNI, (que unha vez comprobados resultan ser falsos) e xustifica o baixo prezo do coche por ser un asunto urxente "Por razones personales y medicales e dejado el coche en custodia de una empresa de transporte local localizada en Londres - Inglaterra. Ellos se encargan de transporte, pago y cambio de nombre. Los gastos de transporte los pago yo y el cambio de nombre esta incluido en el precio final de venta. Usted tendras que pagar solo el precio del coche y nada mas", di o comunicante.
Segundo as instrucións facilitadas polo vendedor "Despues que el comprador recibe el coche tiene 48 horas para la comprobacion del coche y de los documentos. Si despues de los 48 horas el comprador decidera de no comprar el coche, la empresa de transporte va a restituirme el coche sin ningun gasto o compromiso para el comprador. Tengo confianza en lo que vendo y soy 100% segura que el coche esta en perfecto estado".
Obviamente se a vítima ingresa o importe e o obxecto nunca chega, tal e como advertiron dende a Policía Nacional.
Ao ser o envío de diñeiro a través de Western Union, esta empresa financeira permite ao timador cobrar o importe en calquera parte do mundo sen deixar apenas pistas.
Por certo que trala alerta o anuncio de Pontevedra xa foi desactivado, aínda que ás poucas horas o mesmo coche, coa mesma oferta y fotografías foi activado en Baleares.