Que podo facer cando o meu can tira da correa?, ou que facer cando ladra?, son cuestións cuxa resposta se pode atopar neste programa de Podcans. O educador canino, Diego Álvarez céntrase nos sinais de calma da comunicación canina; unha comunicación que como indica, ha de ser bidireccional e que ten unha escala diferenciada.
Ademais das recomendacións bibliográficas ou audivisuales na rede; Álvarez fala igualmente nesta edición da norueguesa Fagan Hundeskole, fundadora escola educación canina do mesmo nome en 1984.
E a imaxe que acompaña este programa de PontevedraViva Radio é para 'Perla', unha cadela mestiza, esterilizada que ten unha boa socialización tanto con persoas como con outros cans e o seu nivel de enerxía é medio-alto. Atópase na canceira de Poio e pódese adoptar chamando ao teléfono 620146033.