Ángel Moldes lamenta "catro anos perdidos" en Poio por BNG e PSOE
Por Oskar Viéitez
O voceiro do PP de Poio, Ángel Moldes, lamentou este venres a "total incapacidade para gobernar" do bipartito encabezado polo alcalde Luciano Sobral, e advertiu que o periodo entre 2015 e 2019 será o do "peor goberno da historia de Poio", toda vez que "foron incapaces de avanzar nos problemas de Poio e non foron quen, sequera de cumprir o seu propio pacto de goberno".
O voceiro do PP de Poio, primeira forza política do concello, sinala o "fracaso" do bipartito nos principais eixos do acordo entre Luciano Sobral e Chelo Besada, "a depuradora e o novo PXOM".
Reprocha a Sobral e Besada que pasasen o mandato "presentando festas e sen tomar decisións" e di que "foron incapaces de facer nada para solucionar os verdadeiros problemas de Poio".
En relación á depuradora, Moldes recorda que a petición ao Concello de que aporte os terreos é "unha demanda constante dos veciños, da xente do mar, do sector turístico e de todas as institucións, e agora comézanse a unir outros concellos" polo que conclúe que "acabáronselles as escusas".
O voceiro popular engade as "numerosas chapuzas na xestión urbanística que culminan na incapacidade de sacar adiante o PXOM, demostración do fracaso do departamento de urbanismo máis caro e menos produtivo da historia".
E remata Moldes, "a mellor proba do fracaso do bipartito é que a día de hoxe ningún dos dous ten candidato".
Relacionadas:
-
Ángel Moldes: "O maior inimigo que ten o sector do mar en Poio é Luciano Sobral"
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada