Ponte Sampaio empeza a formarse para ser un colexio ciberexperto
Por Redacción
O colexio público de Ponte Sampaio empezou a dar os primeiros pasos para converterse en 'ciberexperto' ou, para ser máis concretos, para que o alumnado doi último curso do centro escolar sexa experto en ciberseguridade e internet.
Este curso académico o centro escolar solicitou formar parte do programa 'Ciberexpert@' da Policía Nacional e este luns tivo lugar a primeira das dez accións formativas que impartirán os delegados de Participación Cidadá da Comisaría Provincial de Pontevedra.
Este proxecto, desenvolvido no marco do Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos e as súas contornas, sumará un total de dez sesións no centro educativo e desde o equipo directivo destacan que se sumaron á iniciativa porque buscan que os menores e a contorna educativa e familiar aprendan sobre ferramentas, aplicacións e outros recursos tecnolóxicos que lles axuden a propiciar unha navegación máis segura.
"Internet pode entrañar riscos para os menores se non están ben informados e neste aspecto profesores e todo o contorno familiar xogan un papel vital", destacan desde o centro.
O alumnado deste centro está incluído no Proxecto Edixgal da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria para a implantación do libro dixital nos centros educativos, de maneira que o seu contacto co ordenador e con internet é diario e se fai moi necesario que os rapaces teñan ferramentas para utilizalo de forma segura.
O programa achega ao alumnado do centro coñecementos sobre ciberacoso, grooming, sexting, suplantación de identidade, comunidades perigosas, acceso a contido inapropiado, xestión da privacidade e identidade dixital ou mediación parental.
Como resultado final da formación, o estudantado terá unha visión máis segura do uso responsable de internet, ademais de visualizar de maneira real os riscos e problemas que se poden encontrar na rede e mesmo facilitar as denuncias sobre situacións de risco nas que se poden encontrar os rapaces.
Unha vez superadas as dez formacións e o o test final, o alumnado recibirá un carné de ciberexpertos, que está impreso na Fábrica de Moeda e Timbre e é imposible de falsificar. A maiores, o seu colexio quedará acreditado para o seu acceso á web de Ciberexpert@ da Policía, que contén todo o material e ferramentas necesarios para concienciar e sensibilizar aos alumnos no uso responsable da internet e detectar os riscos e problemas que poidan atopar.
Relacionadas:
-
Doce escolares de Ponte Sampaio reciben o "carné de ciberexperto"
Por Redacción |
-
Marín estrea oitenta ciberexpertos
Por Redacción |
-
"Alguien que se atreve a denunciar no es un chivato, es un valiente"
Por Oskar Viéitez |
-
15 escolares de Ponte Sampaio xa presumen de ser ciberexpert@s para moverse con seguridade nas redes
Por Victoria Regueira & Anxo Lourido |
-
Os rapaces de Ponte Sampaio saen a recoller cogomelos
Por Redacción |
-
A Policía Nacional celebra o seu patrón cun descenso dos delitos
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
"Si la niñas dicen que sí o dicen que no, tenemos que respetarlo"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Trinta escolares de Salcedo, expertos en ciberseguridade
Por Redacción |
-
Os escolares de Marcón, ciberexpertos con carné
Por Mónica Patxot & Natalia Puga |