Carmela Silva, en Arousa: "Só con Plan Concellos fixemos 300 obras, cantas fixo a Xunta de Galicia?"
Por Oskar Viéitez
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, deu a coñecer este martes, nunha comparecencia en Vilagarcía de Arousa, que a institución provincial investiu nos tres anos do actual goberno bipartito preto de 59 millóns de euros nos concellos de menos de 50.000 habitantes do Salnés-Arousa: Cambados, Catoira, O Grove, A Illa, Meaño, Meis, Pontecesures, Ribadumia, Sanxenxo, Valga, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.
"É o maior investimento da historia da Deputación nesta comarca, e moito máis importante que a que fixo calquera outra administración", asegurou a presidenta.
Destes investimentos preto de 29 millóns corresponderon ao Plan Concellos e outros preto de 16 millóns ás distintas áreas do goberno provincial.
"Estas son as cifras que ninguén poderá refutar e o que significa é moi importante: que non hai actividade ou servizo nos concellos de menos de 20.000 habitantes que non leven o nome e o apelido desta Deputación", dixo Carmela Silva.
"Só con Plan Concellos fixemos 300 obras, cantas fixo a Xunta de Galicia?", preguntou a presidenta provincial.
Relacionadas:
-
A xustiza dá a razón á Deputación na demanda de Sanxenxo por unha subvención
Por Oskar Viéitez |
-
Salomé Peña sinala que "o único" que fixo a Deputación no Salnés foi "castigar aos seus veciños"
Por Oskar Viéitez |
-
As Rías Baixas rexistraron unha ocupación hostaleira media do 72% no mes de setembro
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación instalará 88 novos redutores de velocidade nas estradas provinciais do Salnés
Por Oskar Viéitez |
-
A piques de rematar as obras na estrada provincial Barrantes-Vilariño, en Cambados
Por Redacción |