Se tes entre 13 e 16 anos e inquietudes musicais, es parte da Xeración Sónica
Por Oskar Viéitez
O Concello de Pontevedra pon en marcha a "Xeración Sónica", que é un proxecto artístico e musical da Concellaría de Xuventude para rapaces de 13 a 16 anos.
O responsable deste área no goberno local, Alberto Oubiña, sinalou que "había un limbo" para a mocidades destas idades que xa non entran no RockLab e son moi novos para a actividade do Local de Música.
Consiste nun programa de titorización de seis grupos (30 alumnos) para que conformen proxectos artísticos e audiovisuais. Está coordinado por Gonzalo Maceira, que levará a produción musical; Violeta Mosquera, batería e composición; e Miguel Neira, guitarra, voz e composición.
As datas escollidas para esta actividade son os mércores de outubro a xuño, en horario: de 16:00 a 18:00 (3 grupos) e de 18:00-20:00 (3 grupos). Traballarán no Local de Música de Pontevedra na rúa Otero Pedrayo, ao carón do albergue de peregrinos.
A partir deste mércores e ata o 23 de outubro os interesados xa poden inscribirse na web http://apuntate.pontevedra.gal Entre todas as solicitudes recibidas, darase prioridade a aspirantes que teñan experiencia musical previa, formación musical acreditada ou material propio editado ou non.
A finais de outubro comunicarase o resultado da selección e as persoas seleccionadas deberán formalizar a súa inscrición definitiva co pago da matrícula, 120 euros divididos en dous pagos cuadrimestrais, un ó comezo do curso e outro en xaneiro.
Relacionadas:
-
A incubadora de bandas de Pontevedra inicia a súa segunda edición con seis grupos
Por Manu Otero |
-
O Local de Música adopta un enfoque máis profesional
Por Redacción |
-
Inscricións telemáticas para "A procura do tesouro", "A hora do conto" e "Rocklab"
Por Oskar Viéitez |
-
RADIO.- A playlist de... Mushu: gardiás do rock en feminino
Por Marisa Ciordia |
-
RADIO.- A playlist de... Furious - Mariña e Irene - Monkey House
Por Marisa Ciordia |