Visita escolar á Base Antiincendios do Campiño
Por Oskar Viéitez
O alumnado de 1º e 2º de primaria do colexio San José realizaron unha visita á Base Antiincendios do Campiño pertencente á Xunta de Galicia.
Segundo explicou o profesor Gonzalo Jara, a visita "foi espectacular", destacando especialmente o trato recibido tanto polos capataces forestais como os bombeiros que "portáronse estupendamente cos nosos nenos" respondendo a todas e cada unha das dúbidas que lles xurdiron ao longo da visita.
Os pequenos viron o helicóptero no que "mesmo puideron subirse e sentirse como auténticos bombeiros forestais". Ademais viron un vídeo sobre o traballo que realizan estes profesionais, percorreron as instalacións e puxéronse os casco e agarraron a mangueira comprobando "a forza e destreza que hai que ter para poder manexala".
Os participantes quedaron "encantados" coa visita e os mestres agradeceron o "trato altamente profesional deste grupo de persoas que realizan un labor tan imprescindible para o coidado dos nosos montes", dixo o profe Gonzalo.