Crecer dentro da empresa. A formación como vantaxe competitiva
Dicía Heráclito que «o único constante é o cambio». No ámbito laboral, o concepto dun traballo para toda a vida superouse; é máis, segundo un informe de Price Waterhouse Coopers, o 60% dos profesionais cre que no futuro moi poucos terán un emprego estable e de longo percorrido.
Nas empresas xa se fala da xestión do talento, cando non da guerra do talento, como a ferramenta para captar e reter aos mellores, pero tamén o concepto mellores cambiou. Indica tamén o estudo de PWC que a tecnoloxía e a automatización transformarán os tipos de traballo dispoñibles. A medida que a tecnoloxía cubra as tarefas máis rutineiras e repetitivas, os traballadores que saiban render en equipo, sexan resolutivos, creativos, e teñan maior capacidade de liderado serán os máis valorados e relevantes para as organizacións.
Por tanto, xa non só queda obsoleta a idea dunha carreira profesional estática, senón tamén a dunha formación e uns coñecementos para toda a vida. Na actualidade é necesario formarse continuamente, adquirir novas capacidades, e acompañalas co desenvolvemento de habilidades interpersoais, como a xestión de conflitos, o liderado ou a aplicación da intelixencia emocional.
Á hora de buscar formación especializada, é fundamental asegurarse da seriedade e prestixio da institución que a imparte. Máis aló dos programas MBA (os posgraos máis populares cando pensamos en formación empresarial), podemos atopar numerosas alternativas. IESIDE (a antiga Escola de Negocios Afundación), avalada por 30 anos de experiencia e máis de 60.000 estudantes, é o centro líder en Galicia para a formación de directivos.
O gran valor diferencial que IESIDE ofrece aos seus estudantes, ademais da solidez dos seus programas, é o prestixio dunha institución referente en España, na que se formaron a gran maioría dos directivos que hoxe ocupan destacados postos en empresas de ámbito nacional e internacional. Conta cunha longa traxectoria consolidada con acordos internacionais entre centros educativos, que revalorizan unha institución en busca da excelencia en cada un dos seus pasos.
A súa oferta está pensada para profesionais da empresa que buscan formación de calidade en ámbitos como internacionalización, finanzas, recursos humanos, márketing e vendas, cun horario que lles permite combinar a súa actividade profesional coa lectiva, ao impartirse os venres pola tarde e os sábados pola mañá.
Son másteres de especialización deseñados coa participación de profesionais de cada ámbito específico, o que garante unha formación orientada á realidade da empresa e permite aplicar inmediatamente as técnicas e ferramentas que se traballan nas aulas. Este carácter práctico refórzase cun claustro de profesores formado por profesionais en activo en postos de responsabilidade, que ensinan desde a súa experiencia, cunha metodoloxía práctica e participativa baseada no método do caso.
Segundo un informe de PWC os profesionais máis buscados son aqueles que apostan pola reciclaxe en novas habilidades
Os estudantes son outro dos activos dos programas máster de IESIDE. Profesionais de diferentes sectores e procedencia académica intercambian as súas vivencias, puntos de vista, éxitos e fracasos… propiciando que a aula se converta nun auténtico foro para a aprendizaxe. De feito, o alto grao de satisfacción das persoas que deciden formarse en IESIDE é tan elevado que, cada ano, tres de cada catro estudantes de novo acceso indican que unha das súas principais motivacións foi a recomendación dun antigo estudante.
O desenvolvemento de habilidades, o pensamento creativo, as capacidades de comunicación e liderado súmanse ao saber facer de IESIDE.
A OFERTA DE IESIDE
O Master in International Business é o mellor máster en Galicia para profesionais interesados en dominar todos os aspectos vinculados á internacionalización
O Master in International Business está deseñado para aqueles profesionais que buscan formarse na internacionalización da empresa. Incorpora a tecnoloxía do purchasing game, na que os estudantes negocian en tempo real con provedores situados en diferentes partes do mundo, o que supón unha experiencia inmellorable para poñer en práctica casos reais que reforzan e aseguran a súa actividade diaria.
Ademais, desenvolve módulos específicos para a xestión das diferenzas culturais ou presentacións en contornas multiculturais nos que o inglés é unha ferramenta fundamental (require un nivel B2). Sen dúbida, o mellor máster en Galicia para aqueles profesionais interesados en dominar non só a xestión import-export, senón tamén todos os aspectos vinculados á internacionalización desde un punto de vista estratéxico, tal e como expresan Sonia Conde e Rafael Sánchez no seguinte vídeo.
No campo dos Recursos Humanos a oferta de IESIDE, inclúe módulos para xestionar os retos que han de asumir os empleadores: xestión multicultural, atracción do talento, salarios emocionais… e un plan de desenvolvemento de intelixencia emocional para unha mellora do liderado profesional e persoal. Axudar a potenciar as fortalezas dos seus estudantes é unha das claves de IESIDE, tal e como afirma Elena Rodríguez, directora de RR. HH. en Kaleido Logistics.
O Máster en Dirección Económico-financeira parte da consolidación dos coñecementos e técnicas para unha efectiva xestión financeira e da revisión dos diferentes sistemas de planificación e control para avanzar cara á formación en corporate finance, con métodos de valoración de empresas, tipos de crecemento e restructuración empresarial. Tamén a xestión de carteiras ten un papel importante neste máster, no que os estudantes aprenden a deseñar estratexias reais de crecemento rendible, pero sen esquecer, como indica Lucas López, que as empresas son máis que números, algo que se ensina neste máster.
Froito da súa alianza con ESIC, a escola de negocios especializada en márketing máis recoñecida en España, IESIDE, imparte en Galicia a formación en Márketing Dixital e Xestión Comercial. Estes programas convértense, en opinión de Fátima Carmena, directora da Axencia Nasas, nun espazo para poder pensar na estratexia, e son a mellor garantía para quen busca afinar as súas competencias dixitais enfocadas á venda nun mundo cada vez máis tecnolóxico ou desexan incrementar a rendibilidade das súas vendas sobre un eixo centrado no cliente.
O Máster en Banca e Finanzas garante prácticas remuneradas de 6 meses en ABANCA
Para os mozos recentemente titulados, IESIDE ofrece dous másteres que garanten a súa incorporación ao mercado laboral. O MBA Full-time, cunha taxa de empleabilidade do 84,5% en menos dun mes desde a finalización do máster e o Máster en Banca e Finanzas, que garante prácticas remuneradas de 6 meses en ABANCA.
Son moitas as alternativas no mercado para a formación especializada, pero, se buscamos un título dunha institución con prestixio, experiencia e saber facer, IESIDE cos seus máis de 30 anos e 60.000 estudantes egresados é, sen dúbida, a mellor opción do noroeste peninsular.