Veciños de Cuntis formáronse en hortofruticultura sustentable
Por Redacción
O alcalde do Concello de Cuntis, Manuel Campos, entregou os diplomas aos alumnos da formación presencial dos dous cursos de "Hortofruticultura sustentable" levados a cabo a través do proxecto Dinamización verde da actividade hortofrutícola, dentro do programa Empleaverde.
Este programa do Ministerio para a Transición Ecolóxica é unha iniciativa da Fundación Biodiversidade para o impulso e a mellora do emprego, o emprendemento e o medio ambiente. Está cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE) no marco do Programa Operativo Emprego, Formación e Educación 2014-2020.
Impartíronse tres cursos presenciais, dúas edicións en Cuntis e unha en Zaragoza, e un curso de formación a distancia en Cuntis no que se formaron a máis dun centenar de persoas.
Os cursos foron totalmente gratuítos e permitirán mellorar a empregabilidade dos participantes mediante este tipo de agricultura máis respectuosa co medio ambiente.
Relacionadas:
-
Cuntis e Caldas de Reis poñen en marcha os proxectos "Empleaverde"
Por Redacción |
-
Un proxecto provincial fomentará o emprego no sector apícola
Por Oskar Viéitez |
-
Cuntis quere fomentar o emprego impulsando o cultivo de hortalizas e froitas
Por Redacción |
-
Cuntis impulsará a actividade hortofrutícola grazas a un proxecto europeo
Por Redacción |
-
Cuntis e Fuentes de Ebro, en Zaragoza, unidos polo programa 'Emplea Verde'
Por Redacción |