Masiva concentración contra os comportamentos e ataques machistas
Por Redacción & Mónica Patxot
Decenas de persoas asistían este mércores á concentración convocada polo Servizo de Igualdade da Deputación para condenar todos os ataques machistas contra as mulleres, en especial as realizadas por representantes públicos. A concentración desenvolvíase no cruzamento entre a rúa Daniel de la Sota e a Peregrina.
Este acto prodúcese con motivo das declaracións do alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, nas que se refería á presidenta da Deputación como a "chacha para todo" do "anciano" Abel Caballero.
Este mércores, Carmela Silva sen referirse directamente a Gonzalo Durán aclarou que esta concentración era para defender os dereitos das mulleres, para dicir "xa basta" ás descualificacións machistas, aos insultos e ás situacións nas que as mulleres se atopan subordinadas a alguén.
"Somos mulleres formadas, con criterio propio, libres. E a maioría de mulleres tituladas universitarias están construíndo unha sociedade mellor", afirmou agradecendo a todas as persoas que mostraron a súa solidariedade contra os insultos machistas "terribles".
Carmela Silva indicou que a presidenta como cargo público pode defenderse soa contra ese comportamento pero destacou que millóns de mulleres sofren estas situacións todos os días sen poder enfrontarse a estes casos.
A presidenta da Deputación decidiu non asistir e emitiu un comunicado explicando que "non vou consentir que as mesmas voces que non teñen pudor algún en faltar o respecto ás mulleres, denigralas, ofendelas ou amparar este tipo de actitudes incomprensibles no século XXI, poidan utilizar a miña presenza para acusar de novo á presidenta da Deputación de calquera tipo de protagonismo".
Pola súa banda, o alcalde de Vilanova de Arousa anunciou unha comparecencia ante a prensa este xoves acompañado polo seu equipo de goberno. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, recoñeceu que foi "desacertado" que Durán usara a expresión "chacha para todo" para referirse a Carmela Silva.
Relacionadas:
-
Gonzalo Durán non se arrepinte de chamar "chacha para todo" a Silva e demanda á Deputación por "malversación"
Por Redacción |
-
A Deputación ampliará a denuncia contra Gonzalo Durán
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación convoca unha concentración contra os ataques machistas
Por Oskar Viéitez |
-
O goberno da Deputación demanda a Gonzalo Durán por incitación ao odio e pide a súa dimisión como alcalde
Por Anxo Lourido |
-
En Marea e BNG únense ás peticións de dimisión do alcalde de Vilanova
Por Diego Espiño |
-
Carmela Silva, farta "de que se nos ataque polo simple feito de ser mulleres"
Por Diego Espiño |
-
VÍDEO.- Piden a dimisión do alcalde de Vilanova tras chamar "chacha para todo" á presidenta da Deputación
Por Diego Espiño |