Renovarán todas as illas de reciclaxe da cidade e triplicarán as do rural
Por Alejandro Espiño
Que todos os veciños de Pontevedra teñan unha illa de reciclaxe a non máis de 250 metros dos seus respectivos domicilios. É o obxectivo do plan de renovación do parque de contedores de reciclaxe de vidro, envases, papel e cartón que a empresa Ferrovial Servicios, responsable da xestión dos residuos urbanos, poñerá en marcha a partir da próxima semana.
Na actualidade, existen 263 illas de reciclaxe no ámbito urbano e incrementaranse ata as 270. Pero o gran cambio experimentarase nas parroquias do rural. A día de hoxe existen 50, algunhas delas incompletas, e pasarán a ser 175 completas. É dicir, polo menos, terán un contedor verde, un contedor azul, outro amarelo e o destinado a vidro.
Os traballos para renovar os contedores, unha medida incluída no novo contrato entre o Concello e Ferrovial Servicios, comezarán cos iglús de vidro e continuará posteriormente cos de envases e os de papel.
O obxectivo é que a frota de contedores estea totalmente renovada a finais de decembro. En total, mobilizaranse unhas 1.400 unidades.
Estes contedores serán de carga lateral, igual que os contedores verdes actuais, na zona urbana, mentres que serán frontais no rural, ao estar situados no seu maior parte en espazos moi reducidos.
Este novo sistema de recollida irá acompañado cun incremento da maquinaria da empresa, que sumará un novo camión.
Ademais, incorporaranse nos próximos días cinco máquinas novas: tres varredoras e dous vehículos especializados para lavar as beirarrúas.
Relacionadas:
-
As illas de reciclaxe no rural amplíanse aínda máis e superarán as 210
Por Alejandro Espiño |
-
Continúa o despregue das illas de reciclaxe na cidade
Por Redacción |
-
A cidade estrea os novos contedores de reciclaxe de envases
Por Redacción |
-
Novas armas para os traballadores da limpeza
Por Diego Espiño |
-
Estudan ampliar a recollida de vidro porta a porta máis alá do centro histórico
Por Alejandro Espiño |
-
Queixas pola falta de recollida dos contedores de cartón en Juan Bautista Andrade
Por Redacción |
-
Ferrovial encargarase tamén da limpeza dalgunhas dependencias municipais
Por Oskar Viéitez |
-
Pontevedra prorroga tres anos o contrato de recollida de lixo
Por Alejandro Espiño |