Moraña mellorará pistas das parroquias con 130.000 euros do Plan Concellos da Deputación
Por Redacción
O Concello de Moraña pon en marcha a nova fase do Plan de Vías Municipais 2018 coa mellora de cinco pistas nas parroquias de Saiáns, Gargantáns, Laxe e Lamas. Serán obras que se executarán a partir de decembro, segundo afirmaba a alcaldesa Luisa Piñeiro, que acudía a visitar nas últimas horas os viarios que serán reformados.
O investimento inclúe tamén o tratamento dos camiños da Penagrande e O Casal, na parroquia de Laxe; San Martiño de Gargantáns, A Igrexa de Lamas e Sabadín, en Saiáns, onde está previsto que a obra estea licitada a finais deste mes de outubro.
O investimento previsto ascende a 130.000 euros. As obras centraranse na limpeza das marxes das vías con eliminación de raíces de árbores, renovación do asfaltado cunha capa de aglomerado e outras obras de mellora e mantemento destes espazos.
A alcaldesa indicou que o obxectivo era intervir naqueles viarios que tiñan máis necesidade dunha reforma e afirma que o investimento global do Plan de Infraestruturas alcanza os 650.000 euros neste ano.
O goberno local indica tamén que restan por afrontar as obras en Cartamil, O Outeiro e Chan de Amil. Nestes casos, os procesos administrativos previos iniciaranse nas próximas semanas.
A mellora de camiños inclúese no Plan Concellos da Deputación Provincial e realízanse con fondos desta institución. Precisamente, a alcaldesa acudía esta semana ao acto de apoio ao alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, e sumábase publicamente ás críticas que o rexedor realizaba ao goberno bipartito da Deputación Provincial ante a falta de investimentos no Salnés por parte do organismo que preside Carmela Silva.
Relacionadas:
-
COVSA acondicionará cinco camiños en Lamas, Penagrande, O Casal, San Martiño e Sabadín
Por Redacción |
-
Moraña pecha o seu plan de infraestruturas e obras en 2,74 millóns
Por Oskar Viéitez |
-
O BNG de Moraña considera "bochornoso" o apoio de Luisa Piñeiro á "actitude machista" do alcalde de Vilanova
Por Redacción |
-
Moraña e Campo Lameiro cooperan na construción do saneamento
Por Redacción |
-
Gonzalo Durán non se arrepinte de chamar "chacha para todo" a Silva e demanda á Deputación por "malversación"
Por Redacción |