Protección Civil de Cuntis constata un descenso do número de niños de velutina retirados
Por Oskar Viéitez
A agrupación de Protección Civil de Cuntis retirou 78 niños de velutina dende xullo deste ano, elevando o total anual ata a data a 120, moi lonxe aínda dos máis de 350 retirados en 2017.
Tendo en conta que se agarda que no ultimo trimestre do ano o número de retiradas comece a descender, os membros desta agrupación consideran que o número total de niños non superará o 60% dos retirados durante 2017.
Dende Protección Civil cren que estes datos son boa mostra da utilidade do investimento por parte do Concello en líquido atraente para repartir entre os veciños e fomentar así o trampeo.
Relacionadas:
-
Retiran nun só día 14 niños de avespa velutina en Cuntis
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Retiran do interior dunha casa de Cuntis un niño de velutinas de gran tamaño
Por Redacción |
-
Cuntis demanda fondos para facer fronte á prevención de incendios e a avespa velutina
Por Natalia Puga |
-
Cuntis planta batalla á avespa velutina
Por Redacción |