Patricio Fernández, pai do bebé falecido no Hospital: "Llevar un hijo con fiebre a Urgencias del Hospital es jugar a la ruleta rusa"
Por Anxo Lourido
"Había un revuelo enorme, médicos y enfermeras corrían de un lado para otro, con jeringas, con tubos... nosotros mirábamos y nos asustamos. Y cuando nos comunicaron el fallecimiento de Simón nos dijeron que no nos podían dar ninguna explicación".
Así narra Patricio Fernández Tajares, pai do bebé falecido no Hospital Provincial, a tensión e a impotencia coa que el, a súa muller e o seu outro fillo de 6 anos viviron a morte de Simón, un bebé de once meses.
Ás cinco da tarde do domingo os pais achegáronse a Urxencias porque ao neno subiulle a febre de golpe ata achegarse os corenta graos. Os médicos entenderon que se trataba dun cadro vírico. Non lle fixeron probas analíticas nin placas radiográficas, déronlle un dalsy e, tras bañalo, mandárono para casa. O bebé pareceu reaccionar ben pero a medianoite volveu subirlle a temperatura e escureceulle a cor. A familia volveu a Urxencias do Hospital onde ingresou directamente en reanimación. Cando a situación parecía estar controlada e tiñan previsto trasladalo a unha UCI especializada en Vigo, o estado de saúde volveu a complicarse e Simón falecía.
Si tengo otro hijo y vengo a Urgencias y me dicen que me vaya a casa, no me voy a ir
Pola chamada que recibiron posteriormente do médico de cabeceira, a familia teme que o seu fillo falecera pola síndrome de resposta inflamatoria sistemática (sepsis), un tipo de meninxite que podería terse detectado a través dunha simple analítica. Patricio Fernández o explica: "supongo que si le hacen una analítica, la bacteria debería salir. Igual el destino era ése pero me voy a quedar el resto de mi vida sin saber si se pudo hacer algo desde las siete menos cuarto de la tarde que salimos de Urgencias hasta que volvimos con el niño".
E resulta contundente ao afirmar que "venir con un niño con fiebre a Urgencias del Hospital es una ruleta rusa. Si tengo otro hijo y vengo a Urgencias y me dicen que me vaya a casa, no me voy a ir. No sé qué explicación pueden dar."
AUTOPSIA JUDICIAL
Aquela mesma noite o pai de Simón puxo unha denuncia, tras ordenar que se fixera a autopsia clínica, para que tamén se realice unha autopsia xudicial. O seu avogado Jorge Paladino di que o que quere esta familia é que melloren os protocolos de actuación no Complexo Hospitalario de Pontevedra para evitar que este tipo de situación poidan repetirse.
Ata o momento non teñen novidades sobre os resultados da autopsia porque "hay que realizar pruebas microbiológicas con muestras de las vísceras" para coñecer a causa do falecemento. O caso lévao o xulgado de instrucción número 2 de Pontevedra e o avogado afirma que "el procedimiento está fallando y queremos saber si también está relacionado con los recortes en Sanidad".
O Defensor do Paciente tamén solicitou que se investigue o caso mentres que fontes hospitalarias alegan que o neno recibiu unha "atención inmediata e correcta" seguindo os "protocolos indicados".
Ningún responsable da dirección do CHOP estableceu aínda contacto coa familia e o único que fixeron, relata o pai, "fue llamarme para preguntar si teníamos una funeraria para trasladar al niño al Instituto anatómico forense en Montecelo".
Relacionadas:
-
Un informe forense nega que a morte dun bebé no Provincial fora por unha neglixencia médica
Por Alejandro Espiño |
-
Relata ante o xuíz "desde que a mi bebé le subió la fiebre hasta que denuncié porque no hacían autopsia"
Por Redacción |
-
O pai do bebé falecido no Provincial comparece por primeira vez no xulgado
Por Redacción |
-
O bebé falecido no Hospital Provincial sufriu un shock séptico
Por Redacción |
-
Denuncian a morte dun bebé tras ser atendido no Hospital Provincial
Por Redacción |