Afectados pola reforma da N-541 en Viascón concéntranse en protesta este domingo
Por Redacción
A veciñanza da parroquia de Viascón, pertencente ao municipio de Cerdedo-Cotobade, decidiu levar a cabo unha concentración este próximo domingo 21 de outubro ás 12.00 horas na chaira ante o Bar Manolo.
Con esta protesta queren expresar o seu desacordo ante as obras previstas polo Ministerio de Fomento na estrada N-541 no tramo que pasa por esta zona. Denuncian que o proxecto divide Viascón en dúas partes con difícil intercomunicación, debido aos problemas que vai orixinar o novo trazado para o cruzamento de peóns.
O proxecto tamén causará problemas, segundo alegan, aos condutores desta contorna porque lles dificultan os accesos e saídas das vías veciñais municipais. Sinalan que levan case 40 anos utilizando estas ligazóns e se se acomete o proxecto vai impedirse virar á esquerda aos condutores que circulen pola vía municipal ao chegar a Caiadona.
Desta forma, os afectados sinalan que para acceder a Viascón ou a Carballedo, en dirección Ourense, sería necesario acudir ata Tenorio ou Bora e poder realizar alí o cambio de sentido.
Os organizadores desta concentración sinalan que van defender os seus dereitos e que non están dispostos a aceptar "abusos propios de tempos pasados" por parte do Ministerio de Fomento. Na convocatoria tamén convidan a usuarios da N-541 doutras localidades próximas a concentrarse este domingo.
Relacionadas:
-
Fomento acepta estudar cambios na obra da N-541 en Viascón
Por Redacción |
-
Pilar Rojo trasladou ao Congreso a preocupación dos veciños de Viascón
Por Redacción |
-
Un Viascón cheo de lazos amarelos esixe a Fomento parar a reforma da N-541
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |
-
Cubela solicita que paralicen a obra en Viascón ata a xuntanza con Fomento
Por Redacción |
-
Fomento cita a Cubela para falar da reforma da N-541 en Viascón
Por Oskar Viéitez |
-
A veciñanza de Viascón pide á subdelegada do Goberno información sobre as obras da N-541
Por Redacción |